Olvido

Sexta-feira, Novembro 06, 2009


Un cego que canta blues: para que a palabra maldita non o borre todo e para sempre. O vento que fura o país mentres unha muller chora por un tellado que voa, pola luz que falta, polos de sempre que miran para outro lado. Unha nena de ollos claros bica o rostro do avó mentres cae a chuvia, fría fría, sobre as súas mans metidas na area dunha praia sen mar. Un namorado republicano que escribe con esprai nas paredes: quérote, princesa. Un tipo que tira o periódico ao lume, e arden os espías, os que mandan nos espías, o márquetin electoral que todo o ensucia. Un pai que cambia o pañal do sol. Dous tenistas inmensos dando leccións de humanidade en Australia. Unha lágrima e un avión que parte rumbo a Bos Aires. Borges que resucita cada noite entre os libros que ela le: palabras de otros, fue la pobre limosna que le dejaron las horas y los siglos. Un poema sen rima que deixa rímel (mentira tras mentira) nas uñas da muller que grita: de que serve esta poesía que non sabe mover o corazón. Un médico que quería unha vida con sentido, anos despois do seu divorcio, e marchou a África. O solitario que fuma ás seis do mencer nun bar húmido do Berbés. As ondas do Orzán que miras, triste. Unha bailarina, un disc-jockey. Unha mamá que celebra a súa separación. Un home que pinta o seu desespero cantando: por eso aún estoy en el lugar de siempre. Unha risa que corre na cafetería do parlamento e ela ri con el, o seu adversario, e pensa qué estafa a política. Un amigo que hai mil anos que non ves e recorda o verso de Pound: o que amas, perdura. Un músico, un artista, un parado, un Romeo sen Julieta. A veciña do primeiro que non encontrou o primeiro amor. A peregrina que quere ser pedra nas pedras de Pontevedra. O lugués que recorta unha columna de periódico e escribe grazas. Blanco Amor e os cincuenta anos de A esmorga . Eu, aquí. Para que non venzas, olvido.
/Xosé Carlos Caneiro/

Leaving New York

Sábado, Setembro 26, 2009




















Leaving New Nork never easy,
I saw the life fading out.
/REM/

Outono

Segunda-feira, Setembro 21, 2009















Lovers that bless the dark
on the benches in Central Park...
Autumn in new york,
it's good to live it again
/Autumn in New York/

A part of it

Domingo, Setembro 20, 2009


Vivir en New York non é nin vivir en América, nin en Norteamérica, nin sequera en Estados Unidos mais por algunha razón o meu subconsciente enganchouse ao Living in America de James Brown entre taxis amarelos e sumidoiros que fuman. Vivir en New York é vivir en New York... como vivir nunha cidade na que sempre viviches: a metade das túas células recoñecen o caleixón no que lle romperon a cara a Robert de Niro, a boca do metro que lle levantou a saia a Marilyn, o Diner no que Harry atopou a Sally (simulación de orgasmo incluído) e a cidade que nunca dorme de Frank... os taxis e os taxistas que non saben onde está nada, os hotdogs no carriño da esquina, o garito de mala morte con ese tío que toca o saxo como se fose de outro mundo ou o último en estar á última. New York presume, e non sen motivo, de ser a capital do mundo mesmo agora que ten mala conciencia, que rebaixou a súa arrogancia, que disimula o seu agnosticismo adorando a un presidente negro. É húmida, xélida en inverno, asfixiante no verán, sucia e fragorosa sempre mais hai que recoñecer que, dende aquí arriba, as cousas vense de outro xeito.
/Gemma García, corresponsal de TVE en NY/

Para abril, para maio, para o ano que vén...

Quinta-feira, Setembro 17, 2009



... para abril, para maio
o meu amor vén

New York

Quarta-feira, Setembro 09, 2009


The world won't wait, so I better shake
that thing right out there through the door
Hell, I still love you, New York
/Ryan Adams. New York, New York/

Comparacións rudimentarias (e resignacións)

Terça-feira, Setembro 08, 2009















Non quedan excedentes de Red Bull na T4

e o meu desvelo ten de conformarse con sucedáneos
que aplacan pero non curan.
Primeiro ti
...e agora as bebidas enerxéticas.